Saltar navegación

Quecendo a voz

Antes de comezar coa canción, preparemos a voz cuns sinxelos exercicios de quecemento, que tamén nos servirán para practica-lo final da peza.

GLISSANDO

  • Comenzaremos facendo un efecto que se chama glissando coa voz - do francés glisser "esvarar"- e que consiste en ir dunha nota a outra pasando rapidamente por todos os tons intermedios, coma unha frauta de émbolo ou a sirena dunha ambulancia.

  • Comenzaremos polo grave primeiro, iremos ata o agudo e volveremos descender, coidando que a nosa voz se manteña o máis uniforme posible.

  (Clica no reprodutor para escoita-lo exemplo)


 

        

  • E tamén o probaremos dende o agudo ó grave. Isto xa se empeza a parecer algo ó rinchar dun burro...


        


  • Intenta facer glissando dun intervalo de quinta, e logo vai ascendendo progresivamente comenzando pola seguinte nota da escala.