Cancións galegas. Polifonía e TIC (Volume II)
Cuestións de textura
Como viches anteriormente, homofonía é a textura na cal todas as voces fan o mesmo ritmo e acordes a un tempo.
Esta canción d´A Burra ten maioritariamente textura de melodía acompañada: a melodía é a muiñeira tradicional, que van facendo cada unha das voces (primeiro a Voz I, despois a Voz II, e logo, brevemente, a Voz III), e o acompañamento son os orneos a burra, feitos polas dúas restantes (unha a tempo e a outra a contratempo). Mírao neste esquema:


Actividade
- Podes seguir investigando ti a textura do resto da canción? Quen vai levando a melodía, e quen as partes do acompañamento cada vez?