Saltar navegación

Canta coa letra

Agora é o momento de atreverse a cantar os tres temas seguidos co acompañamento de piano.

Escoita a continuación dous vídeos; un co tema A1 destacado, outro co A2. 

      

   

                                                                                                    

Actividade

Unha vez que teñas seguro os tres temas principais desta composición (e cantado xunto aos teus compañeiros/as de clase),

memoriza o seguinte esquema de interpretación:

esquema

    
  1. Todas as tres voces inician presentando os tres temas (A,B e C) con acompañamento de piano
  2. Logo iníciase o canon dende a primeira voz.
  3. Despois da entrada da 3ªvoz prodúcese unha sección "a cappella".
  4. Volve soar o piano na derradeira volta.
  5. Finalízase a peza coas codas finais.