Cancións galegas. Polifonía e TIC (Volume II)
Estrutura
A forma desta canción é A B A. Isto quere dicir que a primeira e terceira seccións son iguais. A sección B, a diferente, consiste neste caso en entoar longos acordes para facer de fondo harmónico para a voz ou voces que se repartan o recitado. A maiores, a canción está enmarcada, tanto o comezo coma o final, con outros acordes tamén sobre a vogal u.

Actividade
- Escoita a canción intentando localizar as seccións que acabamos de describir.
Pincha aquí para descargares a partitura.