Cancións galegas. Polifonía e TIC (Volume II)
Canto de Reis
|
|
Os cantos de Reis foron parte dunha tradición moi fermosa e alegre na antiga Galicia rural. A noite do 5 de xaneiro, rapaces e mozos ían "canta-los reises" polas casas e pedindo o aguinaldo, sen ningún medo ó frío nin á escuridade do inverno, sabedores de que nas cociñas atoparían a calidez da audiencia e se cadraba, algo de boa comida... O canto que vas escoitar agora foi recollido en varios puntos diferentes do país, en versións máis ou menos semellantes. Aquí escoitarás un arranxo para tres voces que inclúe un recitado dun texto de reis tamén tradicional
|
![]() |
