Cancións galegas. Polifonía e TIC (Volume II)
Ritmo e texto
- Lembras o ritmo da muiñeira? É un ritmo indispensable para falarmos do folclore de Galicia. Escóitao aquí interpretado por unha pandeireta:

Se tés un pandeiro a man podes practicar este ritmo; se non tés pandeiro, podes petar no peito ou nas pernas. É ben sinxelo: dúas notas coa man dereita e unha coa esquerda, sendo a primeira destas tres a máis longa (os manechos que cambien as mans para comenzar pola esquerda).
- A letra desta canción vai rápido de abondo. Para poder articular todas as sílabas correctamente, deberás practicala un pouco antes de a cantar.
- Trata de encaixa-las sílabas no ritmo da muiñeira; e cando che saia, acompáñate dese ritmo coas mans.
- Practica co vídeo máis abaixo a melodía desta muiñeira (a unha soa voz) tratando de acompañarte co ritmo da pandeireta.
|
Esta mañá á porta de Pin mazáronlle a burra a Villarxubín. Á Pepa do Xoco, como é tan zafada, a morte da burra halle de saír cara. A burra era vella, ´taba cargada de lá A morte da burra foi dunha enchenta de gra´ |
Os de Cambrán mataron un burro e por non cocelo comérono crúo. Os de Cancela mandaron recado de que lles gardaran as tripas e o rabo. "Adeus, meu xumento!" -díxolle unha muller- "Dá a burra memorias, se é que a chegas a ver!" |