Movemento
Xa escoitaches a canción, e notarías que non ten un ritmo moi simple: en lugar dun compás regular, combina dous compases ó longo de toda a peza, o de 6/8 e o de 4/4.
Para empezar, a figura rítimica predominante no acompañamento, e tamén presente na melodía, é a corchea. Así son os compases de 6/8 e de 4/4 a corcheas:
|
Actividade
- Escoita ese ritmo varias veces ata que consigas tararealo, percutilo ou bailalo.
- A mellor maneira de interiorizar este cambio de compás, é asignándolle un movemento a cada parte. Vexamos:
|
Para o 6/8 faremos un desprazamento lateral dun pulso a cada lado, (tres corcheas cada pulso), contando un-dous-tres / catro-cinco-seis: Un: saír cara a dereita coa perna dereita. Dous: seguir coa esquerda e xuntar pernas. Tres: prepara-lo impulso para a saída no sentido contrario. |
Para o 4/4 faremos unha volta enteira, pisando en cada lado do cadrado imaxinario que estamos debuxando no chan, e contando: un-e-dous-e-tres-e-ca-tro (para marcar 8 corcheas): |
