Saltar navegación

Burras, asnos e xumentos

   
    Os burros, coa súa triste mala prensa durante séculos, son en verdade animais moi intelixentes.

   A súa resistencia fíxoos excelentes tanto para os traballos do campo como medios de transporte. Cantos deles non esgotarían a súa vidiña traballando duramente!

  Esta canción recolle unha muiñeira tradicional arranxada a tres voces, e cuxo texto, en dúas estrofas, evoca a dura vida dos xumentos non hai tanto tempo. As tres voces repártense a melodía principal e os acompañamentos por quendas.

     Nós aproveitaremos para practicar rinchos e orneos que nos axudarán a vocalizar moi ben...


                                     

Pincha aquí para descargares a partitura.