Cancións galegas. Polifonía e TIC (Volume II)
Quecemento
Para comenzar a preparar a canción, queceremos a voz con estes exercicios, tomados do acompañamento da melodía da canción:
- Primeiro, oubea sen complexos coma unha loba solitaria, desfrutando de abranguer coa vogal u un rango enorme de notas cara o agudo. Sinte que pouco aire precisas para conseguir un son limpo e chegar ben arriba.
- A continuación, escoita no reprodutor e practica lentamente estes intervalos, tamén coa vogal u, coidando de obter unha boa afinación:
- Agora, practica estes invervalos de cuarta, tamén a modiño intentando afinar ben:
- E aquí a mesma interválica, pero co ritmo a contratempo propio da canción: