7. Glosario
-
A
-
Anexar
Xuntar ou engadir a outra cousa que se considera como principal.
-
Aplicación informática
Tipo de programa informático, deseñado como unha ferramenta, que lle permite ao usuario realizar unha ou varias tarefas.
-
Antivirus
Aplicación ou grupo de aplicacións dedicadas á prevención, procura, detección e eliminación dos programas malignos nos sistemas informáticos.
-
Atmosfera
Capa gasosa que envolve a Terra.
-
-
B
-
Biosfera
Capa da Terra formada por todos os seres vivos do planeta.
-
-
C
-
Cartafol
En informática, é o lugar virtual en que se gardan ficheiros para unha mellor clasificación.
-
Cometa
Corpo celeste formado por xeo e rochas que se move arredor do Sol describindo órbitas moi elípticas.
-
Condensar
Facer máis denso, concentrar.
-
Condicións fisicoquímicas
Parámetros de temperatura, presenza de auga líquida, presenza de atmosfera filtradora e combinación de elementos químicos que permitiron (ou orixinaron) a aparición de vida na Terra.
-
Conexión
Contacto entre dúas partes dun sistema. En informática, medio polo que se establece comunicación entre dous equipamentos informáticos.
-
Configurar
Darlle forma a algo. En informática, establecer as características dunha aplicación ou dun equipamento informático.
-
Contraer
Diminuír o volume.
-
Copiar
En informática, función de edición que permite gardar nunha memoria temporal un obxecto, ou parte del, con posibilidade de ser pegado posteriormente noutro lugar.
-
-
F
-
Ficheiro
En informática, lugar virtual en que se garda información (texto, imaxe, etc.).
-
-
H
-
Hipertexto
Texto empregado en soporte informático que permite o acceso secuencial a documentos relacionados entre si. Pásase duns documentos a outros por medio de ligazóns.
-
-
I
-
Icona
Símbolo que identifica un elemento informático: ficheiro, cartafol, aplicación, ...
-
-
O
-
Órbita
Curva pechada descrita por todo astro que gravita arredor doutro.
-
-
P
-
Pegar
En informática, inserir un obxecto previamente copiado (texto, imaxe, ...) dentro doutro.
-
-
S
-
Satélite
Astro que xira arredor dun planeta.
-
Servidor
En informática, equipamento informático que forma parte dunha rede e que proporciona servizos a outros equipamentos denominados clientes.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0