Saltar navegación

3. Resumo de contidos

Sistemas operativos

  • Sistemas operativos: definición, funcións. O sistema Windows XP.

  • Elementos do sistema Windows XP.

  • Creación de ficheiros e cartafoles.

  • Almacenaxe de información no disco ríxido, nun CD e nunha USB.

  • Acceso a recursos compartidos en redes locais.

  • Creación de cartafoles de documentos para compartir con outros computadores en rede.

  • Instalación de antivirus e impresoras, e facer copias de seguridade

Divisibilidade

  • Múltiplos e divisores.

  • Criterios de divisibilidade

  • Máximo común divisor e mínimo común múltiplo.

A Terra como planeta do Sistema Solar

  • A Terra: definición e capas

  • A Terra ten dous movementos, un de rotación sobre un eixo, no que inviste 24 horas, e outro de translación arredor do Sol, que completa en 365 días e 6 horas. O primeiro é responsable dos días e as noites e o segundo, xunto coa inclinación do eixo de xiro da Terra, das estacións.

  • A Lúa é o satélite da Terra.

  • As mareas están causadas pola atracción que exerce a Lúa sobre o noso planeta.

  • Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra prodúcese unha eclipse de Sol e, se é a Terra a que se interpón entre o Sol e a Lúa, prodúcese unha eclipse de Lúa.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0