Saltar navegación

2.4.1 Características da Terra como planeta: definición e capas

Definición

A Terra é o terceiro planeta do sistema solar. Ten forma de esfera lixeiramente aplanada nos polos. O raio ecuatorial é de 6.378 km e o raio polar é de 6.357 km (21 km máis pequeno que o ecuatorial). O feito de que a temperatura media do planeta sexa de 20ºC fai que exista auga en estado líquido e osíxeno na súa atmosfera, fai que sexa o único planeta do sistema solar capaz de albergar seres vivos. A Terra é unha esfera lixeiramente achatada polos polos; esta forma recibe o nome de xeoide. Por esta razón o diámetro do ecuador é lixeiramente maior que nos polos.

Arredor da Terra xira un satélite que recibe o nome da Lúa, que tarda 27 días e 7 horas en dar unha volta completa arredor da Terra.

Capas

A Terra non é un corpo uniforme. Podemos distinguir nel diversas capas: atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera.

  • Atmosfera: é a capa externa gasosa que rodea a Terra.

  • Hidrosfera: é a capa de auga que cobre as tres cuartas partes da superficie terrestre sólida, formada tanto polas augas superficiais (líquidas e sólidas) como polas subterráneas.

  • Biosfera: é a capa formada por todos os seres vivos que habitan no planeta.

  • Xeosfera: é a parte máis interna, predominantemente sólida, e fórmana rochas que á súa vez están constituídas por minerais. Os continentes son as partes da xeosfera que superan o nivel do mar.

 

Actividade proposta

S14. Copie e complete a seguinte definición da Terra:

 A Terra é o  planeta do sistema . Está formada por catro capas, a  , ou capa gasosa, a  ou capa de auga, a ,  a formada polos seres vivos e a que é a parte interna.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0