Saltar navegación

2.4.3 A Lúa o satélite da Terra

A Lúa: o satélite da Terra

A Terra ten un único satélite, a Lúa. É un astro moi grande para ser un satélite da Terra, polo que a súa influencia no noso planeta é tamén moi importante

A Lúa, vista desde a Terra, non amosa sempre o mesmo aspecto. Isto é debido a que o que vemos do noso satélite é, exclusivamente, a parte que ilumina o Sol. Por iso, o aspecto que ten a Lúa depende da súa posición relativa con respecto ao Sol e á Terra

A Lúa ten dous movementos, un de rotación arredor do seu eixe e outro de translación arredor da Terra, acompañándoa no movemento desta arredor do Sol. Emprega o mesmo tempo no seu movemento de rotación que no de translación: 28 días

 

   
  • Lúa chea

Nesta posición, vista desde a Terra, a Lúa amosa iluminada toda a súa superficie

 
  • Cuarto minguante

Nesta posición, vista desde a Terra, a Lúa amosa iluminada só a parte esquerda

 
  • Lúa nova

A cara iluminada da Lúa non se ve desde a Terra

 
  • Cuarto crecente

Vista desde a Terra, a Lúa amosa iluminada a parte dereita

Moom Phases Compartida por PhysicsLicencia CC-BY-SA, en GeoGebra

As eclipses

A combinación dos movementos de translación da Lúa arredor da Terra e desta arredor do Sol fai que, algunhas veces, un dos primeiros astros se interpoña entre os outros dous facendo que se produza unha eclipse.

O astro que se interpón provoca a aparición dunha zona de sombra en que entra o outro, quedando a escuras total ou parcialmente.

 
  • Eclipse de lúa

A terra interponse entre o Sol e a Lúa, e esta última fica escurecida.

 
  • Eclipse de Sol

A Lúa interponse entre o Sol e a Terra, e nesta última prodúcense zonas de sombra

 

As mareas

A proximidade da Lúa á Terra fai que a influencia do satélite sobre o noso planeta sexa moi evidente. Unha destas manifestacións é a das mareas.

A atracción da Lúa sobre a Terra fai que a masa de auga que forma parte desta se deforme. Isto, combinado co movemento de rotación da Terra, provoca que cada día o nivel da auga de mares e océanos chegue dúas veces ao máximo e outras dúas ao mínimo de altura, o que se coñece como preamar, os dous primeiros, e baixamar,os dous últimos.

 

 
  • A masa de auga defórmase pola atracción da Lúa.

O intervalo que transcorre entre dúas preamares consecutivas é de 12 horas e 25 minutos. O Sol está moito máis lonxe que a Lúa e a súa influencia nas mareas é menor. Cando a posición relativa do Sol, a Lúa e a Terra é a apropiada prodúcense mareas vivas. Nelas, as preamares alcanzan máis altura e as baixamares menos que o resto das mareas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0