Saltar navegación

2.3.2 Mínimo común múltiplo (mcm)

O mínimo común múltiplo de varios números é o menor dos seus múltiplos comúns. Seguiremos estes pasos para o seu cálculo:

  • Factorizamos cada número.

  • Escribimos os factores primos en forma de potencias.

  • Multiplicamos factores comúns e non comúns de maior expoñente e obtemos o mcm.

 

Faremos un exemplo con 24 e 36:

 

Os factores elixidos son 23 e 32, así o m.c.m (24,36) = 23 · 32 = 72

 

Actividades resoltas

Escriba os divisores dos seguintes números, subliñe os comúns e elixa o maior.

30 e 50

  • Div (30): 2, 3, 5, 6, 10, 15, 30

  • Div (50): 2, 5, 10, 25, 50

  • Mcd (30, 50): 10

 

22 e 33

  • Div (22): 2, 11, 22

  • Div (33): 3, 11, 33

  • Mcd (22, 33): 11

15 e 60

  • Div (15): 3, 5, 15

  • Div (60): 2, 3, 5, 6, 12, 15, 30, 60

  • Mcd (15, 60): 15

30 e 45

  • Div (30): 2, 3, 5, 6, 10, 15, 30

  • Div (45): 3, 5, 15, 45

  • Mcd (30, 45): 15

Atope os dez primeiros múltiplos, subliñe os comúns e elixa o menor.

2 e 5

  • Mul (2): 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20

  • Mul (5): 5, 10, 15, 20, 25, 30, 35, 40, 45, 50

  • Mcm (2, 5): 10

 

15 e 30

  • Mul (15): 15, 30, 45, 60, 75, 90, 105, 120, 135, 150

  • Mul (30): 30, 60, 90, 120, 150, 180, 210, 240, 270, 300

  • Mcm (15, 30): 30

2 e 7

  • Mul (2): 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20

  • Mul (7): 7, 14, 21, 28, 35, 42, 49, 56, 63, 70

  • Mcm (2, 7): 14

8 e 12

  • Mul (8): 8, 16, 24, 32, 40, 48, 56, 64, 72, 80

  • Mul (12): 12, 24, 36, 48, 60, 72, 96, 108, 120

  • Mcm (8, 12): 24

 

Actividades propostas

S11. Descompoña en factores primos:

    • a) 32

    • b) 180

    • c) 225

    • d) 392

    • e) 468

    • f) 1260 .

S12. Os pasaxeiros dun barco pódense contar de 2 en 2, de 3 en 3, de 4 en 4, de 5 en 5 e de 6 en 6, cal é o menor número de pasaxeiros que pode ir no barco?

S13. A unha cea asisten 20 homes e 30 mulleres. Se as mesas son todas iguais e os homes e as mulleres están separados, cantas mesas cómpren?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0