Saltar navegación

1.2 Coñecementos previos

Para un mellor aproveitamento do tema cómpre coñecermos o manexo básico do computador e das aplicacións máis comunmente usadas. Haberá que empregar un procesador de texto e deberán coñecerse as súas funcións máis básicas: copiar, cortar e pegar. Tamén cumprirá saber como gardar ficheiros e acceder a eles.

Repasar a unidade 1 sobre as operacións dos números naturais: suma, resta multiplicación e división.

Ter clara a posición da Terra dentro do Universo e tamén dentro do Sistema Solar,para poder entender ben os movementos da Terra que se estudan neste tema.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0