Saltar navegación

4. Actividades complementarias

S21. Vexa o panel esquerdo do Explorador de Windows (se non está no escritorio, vaia aIniciar > Accesorios > Explorador ) en diferentes vistas e ordene por data ascendente de modificación, algún cartafol.

S22. Inicie o reprodutor de Windows Media e realice algunhas tarefas con el, como modificar o volume, abrir un ficheiro, moverse por el...

S23. Elimine un ficheiro e recupéreo da papeleira de reciclaxe.

S24. Actualice o antivirus do seu computador ou instale un, se non o ten

S25. Un xoguete de construción ten cubos de 1 centímetro de aresta. Pódense formar cubos de 2, 3 e 4 cm de aresta. Cantos cubos necesitará para cada caso?

S26. Os cartos recollidos por un grupo de 45 amigos para unha ONG están comprendidos entre 365 e 420 euros. Se todos entregaron a mesma cantidade, canto entregou cada un?

S27. Ache o mcd de 8 e 6; de 110 e 20; de 18 e 27; e de 30 e 45.

S28. Ache o mcm de 72 e 81; de 110 e 20; de 96 e 120; e de 240, 270 e 150.

S29. Busque entre estes números os múltiplos de 2, os de 3, os de 5, os de 7 e os de 13.

104, 130, 140, 119, 143, 182, 186, 147, 200, 255, 245, 203.

S30. Calcule MCD e mcm de:

    • a) 560, 588.

    • b) 210, 315, 420.

S31. De cántas formas diferentes podense dispoñer 72 baldosas cadradas de xeito que formen un rectángulo?

S32. O autobús da liña A pasa por certa parada cada 9 minutos e o da liña B cada 12 minutos. Si acaban de saír os dous a vez, ¿cánto tardarán en volver a coincidir?

S33. Investigue e conteste razoadamente:

    • Que estación é en Bos Aires cando en Galicia é verán?

    • Que estación é en Xapón cando en Galicia é outono?

 

S34. Infórmese e poña todos os anos bisestos entre 2000 e 2025, ambos incluídos.

S35. Por que vai máis calor no verán?

 

S36. Copie e complete a seguinte definición:

A Terra fai un movemento de arredor do seu eixe. Tarda horas en dar unha volta completa e a ese período de tempo chámase . No movemento de translación, a Terra describe unha órbita arredor do Sol. Tarda días en dar unha volta completa arredor da nosa estrela.

Habilitar JavaScript

 

S37. Indique cales destas frases con correctas (C) e cáles incorrectas (I):

  • Os anos bisestos repítense cada catro anos.

 

  • A calor do verán débese a que, durante a esta estación, a Terra está máis preto do Sol.

 

  • Durante o verán vai a mesma calor no hemisferio Norte que no Hemisferio Sur.

 

  • A Terra describe unha órbita circular arredor do Sol, que se sitúa no centro.

  • A sucesión de días e noites débese ao movemento de rotación

 

 

Habilitar JavaScript

 

S38. Relacione cada fase lunar coa observación correspondente:

Fase Lunar

Observación

  • Lúa chea.

  • Cuarto minguante.

  • Lúa nova.

  • Cuarto crecente.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0