Saltar navegación

2.4.2 Fenómenos relacionados cos movementos da Terra

Movementos da Terra

  • Rotación. A Terra xira sobre o seu eixe. Isto dura 24 horas e é responsable da sucesión dos días e das noites. Os puntos da Terra móvense de oeste a leste. O Sol sae polo leste.

 

 

  • Translación. A Terra describe unha órbita arredor do Sol, e tarda 365 días e 6 horas en completala. Este movemento e mais a inclinación do eixe de rotación son responsables das estacións. Para que as estacións coincidan sempre cuns días determinados fixouse que cada catro anos, un deles leve 366 días, o que se coñece como ano bisesto.

 
Baseado en Simple Earth / Sun Model Compartida por Ethan Hall  Licencia CC-BY-SA, GeoGebra Terms of Use

 

Actividades propostas

S15. Observe un mapa da Península Ibérica e conteste razoadamente. Onde sae antes o Sol, en Mallorca ou en Lugo?

S16. Indique que estación é en cada posición, no hemisferio sur. Razoe a resposta.

 

S17. O 21 de maio foi Lúa chea. Cando será Lúa nova? Cando volve ser Lúa chea?

S18. Coloque de xeito ordenado as imaxes da Lúa:

 

 

S19. En que fase da Lúa se produce unha eclipse de Sol? E unha eclipse de Lúa? Razoe a resposta e faga un debuxo da situación relativa do Sol, a Terra e a Lúa en cada caso.

S20. Se hoxe tivo lugar unha preamar ás 7 h 35 min, cando se producirá a preamar seguinte?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0