Saltar navegación

6.2 Solucións das actividades complementarias

S21

Abra o Explorador de Windows, facendo dobre clic sobre a icona de acceso directo ou no menú Iniciar. Busque o Explorador. Na barra de menú seleccione a opción Ver, seleccione a opción Vistas en miniatura, observe o panel dereito do Explorador repita estes pasos e verá: Mosaicos, Iconas, Lista e Detalles. Deixe as vistas en Detalles, faga clic en Data da modificación e verá as datas; premendo cambiará de orde.

S22

Instale un CD con música na CPU. Espere a que se inicie o reprodutor de xeito automático. Se non aparece unha ventá, na que lle dá a opción de reproducir, e escoite o son regulando o volume ao seu gusto.

S23

Sitúese sobre un ficheiro ou un cartafol, sobre el co botón dereito despregue un menú, onde verá a opción Eliminar. O ficheiro irá á papeleira de reciclaxe, sempre que estea situado no disco ríxido, e non nunha unidade externa.

S24

Normalmente os antivirus gratuítos teñen unha opción que permite a súa actualización cada vez que acende o computador. En caso contrario, acudir á páxina onde se baixara e ir á opción de actualizar.

S25

    • Para o cubo de 2 cm de aresta , 8 cubosde 1 cm de aresta.

    • Para o cubo de 4 cm de aresta , 64 cubosde 1 cm de aresta.

    • Para o cubo de 3 cm de aresta , 27 cubosde 1 cm de aresta.

S26

O único número múltiplo de 45 entre 365 e 420 é 405 = 45 x 9. Cada un entregou 9 euros.

S27

    • mcd (6,8) = 2

    • mcd ( 40,60) = 20

    • mcd (18,27) = 3

    • mcd ( 30, 45) = 5

S28

    • mcm (72,81) = 576

    • mcm (110,20) = 220

    • mcm (96,120) = 480

    • mcm (240,270,150)=10 800

S29

    • Múltiplos de 2: 104, 130, 140, 182, 186 e 200.

    • Múltiplos de 3: 186, 147 e 255.

    • Múltiplos de 5: 130, 140, 200, 255 e 245.

    • Múltiplos de 7: 140, 119, 182, 147, 245 e 203.

    • Múltiplos de 13: 104, 130, 143 e 182.

S30

    • a) 560 = 5. 7

588 =22.3.72

MCD (560, 588) =22 .7

mcm (560, 588) =.5.3.72

    • b) 210 = 2.3.5.7

315 =5.7.32

420 =22 .3.5.7

MCD (210, 315, 420) = 3.5.7 = 105

mcm (210, 315, 420) = 5.7.32.22 = 1260

S31

Achamos primeiramente os divisores de 72: 2 3 4 6 8 9 12 18 24 36 72.

As baldosas pódense dispor de seis xeitos distintos: 1 x 72; 2 x 36; 3 x 24; 4 x 18; 6 x 12; 8 x 9.

S32

Temos que calcular o mínimo común múltiplo de 9 e 12.

Descomposición factorial de (9 e 12). 9 =32 e 12 = 22.3

mcm (9,12) =22.33 = 36. Volverán xuntarse dentro de 36 minutos.

S33

Bos Aires está no hemisferio sur. Cando en Galicia é verán, en Bos Aires é inverno.

O Xapón está no hemisferio norte. Cando en Galicia é verán en Xapón é tamén verán.

S34

2000, 2004, 2008, 2012, 2016, 2020 e 2024.

S35

Os raios solares inciden máis verticalmente sobre a superficie da Terra

S36

A Terra fai un movemento de rotación arredor do seu eixe. Tarda 24 horas en dar unha volta completa e a ese período de tempo chámase día. No movemento de translación, a Terra describe unha órbita elíptica arredor do Sol. Tarda 365 días en dar unha volta completa arredor da nosa estrela.

S37

C - I - I - I - C.

S38

Fase Lunar

Observación

  • Lúa chea.

  • Vemos o satélite totalmente iluminado

  • Cuarto minguante.

  • Soamente se aprecia iluminado o seu sector esquerdo

  • Lúa nova.

  • Non podemos ver a Lúa, xa que a súa cara visible non está iluminada.

  • Cuarto crecente.

  • Soamente se aprecia iluminado o seu sector dereito

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0