Saltar navegación

Os intervalos

Unha negra animada cun sorrisoMenudo repaso estivemos a facer! Intervalos, acordes, tonalidades, .... Pero parece que todo vai estando claro!

Imos comezar a traballar e que mellor que facelo con algo que xa temos dominado: os intervalos! Os nosos vellos e queridos amigos! 

Pero esta vez, ademais de darlle unha pequena volta o que xa sabemos, profundaremos nos intervalos compostos...Lembrades cales eran?

Despois un pouquiño de ritmo, cos compases simples e compostos en unidade de branca. Lembrades o 2/2? Pois o practicaremos; xogamos coas mans e os pés?

E como non, a cantar e a recoñecer melodías que poden presentarnos a algún novo compositor!

Comezamos entón?

Feito con eXeLearning (Nova ventá)