ODE 3: Meet My Family! (Hello, Email Pals!)
Hello, Email Pals! ofrece actividades comunicativas en lingua inglesa orientadas a 4º de Primaria e baseadas no intercambio de emails, audios e vídeos con dous alumnos dun centro educativo británico. As distintas tarefas propostas requiren a utilización da linguaxe oral e escrita e o uso de recursos e estratexias de comunicación, lingüísticas e non lingüísticas, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento de actitudes positivas e receptivas cara á lingua e cultura anglófona.
O ODE 3, titulado Meet My Family! ten como obxectivo que o alumnado sexa quen de describirse fisicamente, así como de describir a un familiar. Así mesmo, persegue que formulen e respondan preguntas sobre características físicas e comparen os membros da familia real británica e española.