ODE 4: I Love Sports Day! (Hello, Email Pals!)
Hello, Email Pals! ofrece actividades comunicativas en lingua inglesa orientadas a 4º de Primaria e baseadas no intercambio de emails, audios e vídeos con dous alumnos dun centro educativo británico. As distintas tarefas propostas requiren a utilización da linguaxe oral e escrita e o uso de recursos e estratexias de comunicación, lingüísticas e non lingüísticas, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento de actitudes positivas e receptivas cara á lingua e cultura anglófona.
O ODE 4, titulado I Love Sports Day! persegue que o alumnado comprenda e exprese os seus gustos sobre deportes e tempo de lecer, así como os dun compañeiro. Ademais, ten como obxectivo tanto que formulen e respondan preguntas sobre gustos, como que describan un deporte ou xogo tradicional galego.