ODE 5: Home, Sweet Home (Hello, Email Pals!)
Hello, Email Pals! ofrece actividades comunicativas en lingua inglesa orientadas a 4º de Primaria e baseadas no intercambio de emails, audios e vídeos con dous alumnos dun centro educativo británico. As distintas tarefas propostas requiren a utilización da linguaxe oral e escrita e o uso de recursos e estratexias de comunicación, lingüísticas e non lingüísticas, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento de actitudes positivas e receptivas cara á lingua e cultura anglófona.
O ODE 5, titulado Home, Sweet Home, ten como obxectivo que o alumnado describa a súa vivenda detallando as súas partes e estancias, así como a localización precisa de certos mobles. Ademais, persegue que se familiaricen cos tipos de casa británicos, así como que describan as casas típicas galegas.