ODE 1: This Is Me! (Hello, Email Pals!)

Visto: 97 veces
Votos
Media: 5 (4 votos)

29/04/2024

Portada do ODE 1 do proxecto "Hello, Email Pals!"

Hello, Email Pals! ofrece actividades comunicativas en lingua inglesa orientadas a 4º de Primaria e baseadas no intercambio de emails, audios e vídeos con dous alumnos dun centro educativo británico. As distintas tarefas propostas requiren a utilización da linguaxe oral e escrita e o uso de recursos e estratexias de comunicación, lingüísticas e non lingüísticas, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento de actitudes positivas e receptivas cara á lingua e cultura anglófona.

O ODE 1, titulado This Is Me! ten como obxectivo que o alumnado sexa quen de presentarse, así como de presentar a un compañeiro, empregando datos persoais básicos e información sobre países, nacionalidades e linguas faladas. Así mesmo, persegue que o alumnado realice e responda preguntas persoais básicas e compare o entroido de Notting Hill co entroido galego. 

ODE 1: This Is Me! (Hello, Email Pals!)

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (4 votos)
2024-04-29
Imaxe
Portada do ODE 1 do proxecto "Hello, Email Pals!"

Hello, Email Pals! ofrece actividades comunicativas en lingua inglesa orientadas a 4º de Primaria e baseadas no intercambio de emails, audios e vídeos con dous alumnos dun centro educativo británico. As distintas tarefas propostas requiren a utilización da linguaxe oral e escrita e o uso de recursos e estratexias de comunicación, lingüísticas e non lingüísticas, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento de actitudes positivas e receptivas cara á lingua e cultura anglófona.

O ODE 1, titulado This Is Me! ten como obxectivo que o alumnado sexa quen de presentarse, así como de presentar a un compañeiro, empregando datos persoais básicos e información sobre países, nacionalidades e linguas faladas. Así mesmo, persegue que o alumnado realice e responda preguntas persoais básicas e compare o entroido de Notting Hill co entroido galego. 

Recursos relacionados
Galego