A velocidade

Visto: 0 veces
2013-06-27
A velocidade é unha calidade física directamente relacionada co noso sistema nervioso
e o noso sistema muscular, polo que a calidade do noso sistema nervioso e a 
constitución interna dos nosos tecidos musculares serán factores determinantes 
na nosa capacidade para ser máis ou menos rápidos. Moitos destes aspectos son de 
natureza xenética, non poden ser modificados á nosa vontade, pero outros poden ser 
adestrables, conseguindo así un incremento desta capacidade física básica.

O baloncesto

Visto: 0 veces
2013-06-27

O baloncesto é un deporte de pelota xogado por dous equipos que teñen como obxectivo encestar a pelota na canastra do equipo rival evitando que encesten na súa. É un deporte moi rápido e espectacular no que se consegue anotar moitas veces durante un encontro. Ademais moitos partidos de baloncesto decídense nos últimos minutos co que a emoción se mantén ata o final do encontro.

A flexibilidade

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Educación Física para o 1º curso de Bacharelato a distancia, elaborada polo IES San Clemente. Esta unidade traballa o concepto de flexibilidade, factores condicionantes, métodos de adestramento, consideracións a ter en conta e ventaxas do traballo da flexibilidade. Contén exercicios e actividades de avaliación.

A resistencia

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Educación Física para o 1º curso de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. Tipos de resistencia. Sistemas de adestramento. Beneficios que achega o traballo da resistencia. Máquinas para trabajar no ximnasio. 

O quentamento

Visto: 0 veces
2013-06-27

O Quentamento está sempre presente ao comezo da práctica de calquera actividade física e polo tanto é de grande importancia entender a súa función e realizalo correctamente. Nesta unidade didáctica coñecerás para que serve un quentamento e as partes ou as fases nas que se divide, así como os tipos de actividades que debes realizar en cada unha delas, de maneira que ao finalizar este tema sexas capaz de deseñar diferentes quentamentos dependendo da actividade física que vaias realizar.