O baloncesto

O baloncesto é un deporte de pelota xogado por dous equipos que teñen como obxectivo encestar a pelota na canastra do equipo rival evitando que encesten na súa. É un deporte moi rápido e espectacular no que se consegue anotar moitas veces durante un encontro. Ademais moitos partidos de baloncesto decídense nos últimos minutos co que a emoción se mantén ata o final do encontro.