Pasaporte emocional. Crea o teu propio avatar (gal)
Materia: Benestar emocional na aula
Materia: Benestar emocional na aula
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.
Tipo de recursos:
Estrutura de secuencias didácticas para educación secundaria
Proxecto artístico para a conmemoración do 8 de marzo. Vinculamos emocións, arte e memoria.
Opcións académicas preuniversitarias no sistema educativo: ESO, BACH e FP.
Proposta didáctica que trata de dar resposta ás necesidades da escola actual pivotando en dúas grandes preocupacións: por un lado as necesidades de alfabetización dixital do presente século e por outra a lacra social da violencia de xénero.
Neste proxecto traballamos os diversos modelos de parella posibles: a súa definición, características, vinculación histórica, efectos e valoración ética.
Aula virtual que inclúe en streaming o telefilme “A pesar de todo, quérote” do director Jorge Algora, e unha unidade didáctica con propostas de traballo baseadas na película sobre educación viaria, educación emocional e educación para a saúde. Pulsando “visualizar” accédese á unidade na Aula Aberta Abalar. O acceso en aberto ao filme pódese facer desde calquera ordenador de calquera centro público de Galicia. Por outra banda, se pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual do voso centro.
Este proxecto ten como punto de partida o visionado da película Ágora, de Alejandro Amenábar, e está concibido, principalmente, como unha investigación sobre o carácter histórico da película polo que respecta a Hipatia, a súa protagonista, Alexandría, a súa cidade, e a época na que viviu, o período helenístico.