A pesar de todo, quérote

Aula virtual que inclúe en streaming o telefilme “A pesar de todo, quérote” do director Jorge Algora, e unha unidade didáctica con propostas de traballo baseadas na película sobre educación viaria, educación emocional e educación para a saúde. Pulsando “visualizar” accédese á unidade na Aula Aberta Abalar. O acceso en aberto ao filme pódese facer desde calquera ordenador de calquera centro público de Galicia. Por outra banda, se pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual do voso centro.