Producimos unha canción
Unha das actividades programadas desde principio de curso foi a creación dunha canción propia que denunciase a violencia machista e transmitise unha mensaxe de saída e de "Tolerancia 0". Propúxose ao alumnado servirse da expresión artística para revelar as súas vivencias, experiencias e medos. Foi unha actividade "en espera" pois, aínda que se lles propuxo xa nas primeiras semanas, mantivemos un tempo de absorción, reflexión e análise de todas as actividades levadas a cabo. Os proxectos anteriores ían encamiñados a derrubar prexuízos, suscitar polémicas e espertar a capacidade crítica e a sensibilidade ante o tema da desigualdade e violencia. Foi esa a razón de pospoñer ata a segunda avaliación a progresión de tarefas.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Sin obra derivada 3.0