Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
Fecha2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
Fecha2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Química Manipulativa. Reaccións químicas

Visto: 0 veces
Fecha2023-06-06

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorio virtual manipulativo para a representación e o axuste de reaccións químicas. O alumnado traballará con fichas 3D para representar os reactivos e os produtos e irá axustando a ecuación que se presenta. Construirá, coas pezas correspondentes a cada elemento químico, torres, tendo en conta que debe haber o mesmo número de fichas en ambas partes da reacción.

Tipo de recursos:

  • Laboratorio virtual

Número de sesións estimadas: 1.

Enerxía nuclear. Laboratorio central nuclear

Visto: 0 veces
Fecha2022-12-30

Materia: Física e Química

Descrición: Peza do contido "Visita á central nuclear", formada unicamente polo laboratorio da central (mandos de control), o cal permite, a través da experimentación, comprender o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética.

Tipo de recursos: 

  • Simulador de Central Nuclear.

Número de sesións estimadas: 1 sesión.

Aclaracións

Enerxía nuclear. Visita á central nuclear

Visto: 0 veces
Fecha2022-11-14

Materia: Física e Química

Descrición: Contido baseado en dinámicas de Scape Room no que o alumnado terá que resolver enigmas e retos para conseguir saír da central nuclear (PWR) evacuada na que se perdeu.
A través da experimentación, o alumnado comprenderá o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética, e adquirirá ou repasará os coñecementos necesarios para enfrontarse ao reto final: manexar os cadros de control da central nuclear e salvar á cidade do desastre.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
Fecha2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Péndulo de Galileo. Laboratorio de experimentación de Galileo

Visto: 0 veces
Fecha2022-11-11

Materia: Física e Química

Descrición: Laboratorios virtuais manipulativos que permiten ao alumnado experimentar con diversas variables do péndulo (ángulo, extensión do fío, gravidade e masa) para demostrar os factores que dependen do período do péndulo, empregando o método científico e seguindo a figura de Galileo Galilei, de quen se presentan a súa vida e a súa obra en vídeos animados.

Tipo de recursos: