Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
Fecha2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Solucións baseadas na natureza para contornas urbanas. Laboratorio de cubertas

Visto: 0 veces
Fecha2024-04-16

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Contido virtual que permite experimentar con distintos tipos de cubertas de edificios para comprobar a súa impermeabilidade e sacar conclusións sobre a utilidade de cada unha delas na prevención de desastres naturais como inundacións.

Tipo de recursos:

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
Fecha2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Laboratorio de Té Kombucha

Visto: 0 veces
Fecha2023-05-16

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Contido virtual que permite comprender o proceso de cultivo do té kombucha, paso a paso, así como as súas aplicacións prácticas e creativas. Contén dous laboratorios nos que se pode expor ao cultivo a tres temperaturas distintas (16 ºC, 18 ºC e 22 ºC), comprobando os cambios producidos ao longo de dez días na súa masa e no seu pH, respectivamente, para poder extraer, finalmente, conclusións aplicando o método científico.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
Fecha2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Club de ciencia

Visto: 0 veces
Fecha2021-05-21

É un espazo creado para garantir a actividade do Club de Ciencia do CPI O Cruce en situación de confinamento e aproveitar as posibilidades que nos abre este contexto de traballo propoñendo experimentos e proxectos de investigación que se poden facer na casa, visitas virtuais a museos, actividades colaborativas en liña do ámbito STEM