Idade Media. O torneo do século

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico que introduce a Idade Media a partir da figura do cabaleiro Ruy Paez de Biedma. Combina actividades de investigación e escenarios de Scape Room para dar a coñecer a estrutura social, o estilo de vida dos diferentes estamentos e as partes do castelo nesa época, ao tempo que se traballa o cómic como xénero narrativo.

Tipo de recursos: 

Idade Media. Inventos medievais

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico que promove a aprendizaxe dos inventos da Idade Media e o seu impacto na actualidade a través de experiencias de investigación e creatividade.
O contido achega inventos tan relevantes como as lentes, a imprenta ou a pólvora e culmina coa creación colectiva dun Catálogo de inventos propios do alumnado e dun recompilatorio de contos sobre ditos inventos. 

Tipo de recursos: 

Idade Media. Xogos populares da Idade Media

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico que promove a aprendizaxe da Idade Media e dos seus xogos populares, aos que seguimos xogando hoxe en día, a través de experiencias de investigación e actividades prácticas e lúdicas. O contido culmina coa celebración dun torneo medieval para o que o alumnado construirá os seus propios xogos medievais.

Tipo de recursos: 

  • Actividades interactivas.
  • Actividades de investigación.

Número de sesións estimadas: 2 ou 3.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

Misión Sistema Solar. A Terra

Visto: 0 veces
2021-04-27

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico baseado en experiencias de investigación que promove a aprendizaxe do Universo e a Terra: os movementos de traslación e rotación, o eixo de rotación da Terra, a distancia ao Sol, as estacións e o día e a noite, a Lúa e as súas fases, os eclipses, os fusos horarios...
Presétanse a vida e a obra de Copérnico e de Valentina Tereshkova, que guiarán ao alumnado a través desta aventura, na que tamén se aborda o paso do xeocentrismo ao heliocentrismo.