Na procura das civilizacións perdidas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida céntrase na Antigüidade, en Asia e África, e na civilización exipcia. Tamén aborda contidos relacionados coa arte destas civilizacións, cun enfoque competencial orientado á investigación e á análise da Historia.