Sol, augas e plantas

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O recurso está deseñado para achegar ao alumnado ao coñecemento básico do planeta Terra. A través da situación de aprendizaxe proposta,  poderán coñecer a atmosfera e os climas, as augas e a vexetación natural do planeta.

Un planeta en apuros!

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Este recurso está deseñado co fin de introducir aos estudantes no impacto humano sobre o Medio Natural e a Emerxencia Climática. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que expoñer unha situación real de transporte dende o fogar ao seu centro educativo e calcular e valorar a pegada de carbono dos distintos medios empregados.

Expoñendo a Prehistoria

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor ás sociedades prehistóricas. Nela, o alumnado terá como reto, a montaxe e organización dunha exposición sobre Prehistoria no centro educativo.

Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O recurso está deseñado co obxectivo de afianzar e ampliar os contidos sobre  a Antiga Grecia (dentro da Idade Antiga).

A situación de aprendizaxe ten como fío condutor o roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas, dunha serie de pezas enviadas por diferentes museos do mundo para unha exposición sobre a Antiga Grecia.

Que fixeron os romanos por nós?

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O recurso está deseñado co fin de introducir ao alumnado na historia de Roma. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá como reto investigar e expoñer — en diferentes formatos — as orixes, características e legado do Imperio Romano.

Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O recurso está centrado nos pobos bárbaros e nas expresións artísticas na antigüidade. Ao longo da situación de aprendizaxe o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.

Hidrosfera

Visto: 0 veces
2025-09-17

Unidade didáctica que consta de 8 videoleccións e 6 prácticas de laboratorio, nas que se desenvolve o tema da hidrosfera.

Estas vídeoleccións combinan as explicacions en campo e en laboratorio, con vídeo narrado, animacións e secuencias de actividades de laboratorio. A duración de cada un dos videotitorias está comprendida entre os 3 e os 12 minutos e consta de:

1. Unha estrutura fixa secuenciada seguindo o seguinte esquema:

Entre versos, viaxamos!

Visto: 0 veces
2025-09-11

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado axudará a unha compañeira que se muda de domicilio e en grupo terán que buscar información para crear un documento e expoñelo para axudarlle, sobre diferentes territorios da península e as súas linguas.