Non lle temas aos monstros, cRÉAos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe engloba a temática de Frankestein (Frankie), o monstro da novela de Mary Shelley, na que o alumnado debe adquirir conceptos, destrezas e actitudes relacionadas cos seres vivos, a materia, as forzas e as formas de enerxía, así como o funcionamento do corpo humano (función de relación e os órganos implicados, así como os diferentes niveis de organización celular).