SaudArte

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado toma conciencia da importancia de levar unha vida activa e saudable, explorando hábitos cotiáns que inflúen no benestar físico e emocional. Trátanse cuestións como a alimentación equilibrada, hábitos posturais, a prevención de lesións, os primeiros auxilios básicos, a hixiene e o respecto á diversidade das persoas.