Reto finalizado!
Esperamos que desfrutaras o camiño e, sobre todo, que saibas que xa tes a "chave" para desbloquear calquera deporte colectivo que se che presente, sexa coñecido ou non.
Nesta última etapa, ti xunto cos teus compañeiros e compañeiras ides reflexionar sobre o traballo feito. Analizarás os puntos fortes e febles do deporte que creaches e valorarás como foi a túa participación. Grazas a este reto, o ADN do deporte xa non ten segredos para ti.
Parabéns polo teu esforzo!
Lectura facilitada
Reto finalizado!
Agardamos que o desfrutases.
Xa sabes como xogar calquera deporte.
Agora pensa co teu grupo:
- Que estivo ben?
- Que se pode mellorar?
- Como participaches ti?
Parabéns polo esforzo!
