Seguro que levas practicados moitos deportes na túa vida...
Lembras cales foron? Lembras cales eran de equipo?
Lembras que tiñas que facer para gañar en cada un deles?
Nesta fase, ti e os teus compañeiros e compañeiras ides refrescar eses coñecementos. Imos comprobar se es capaz de identificar os elementos que se repiten en todos eles e que xa forman parte da túa experiencia. Veremos, veremos... estás a punto de descubrir canto sabes en realidade!
Lectura facilitada
Mirando ao pasado...
Xa xogaches deportes de equipo.
Lembras cales?
Lembras como se gaña?
Agora, ti e os teus compañeiros pensaredes sobre iso.
Que se repite en todos os deportes?
Veremos canto sabes!
