É un instrumento de avaliación que se utiliza para medir o desempeño dos/as estudantes en tarefas específicas. Anótase, para diferentes aspectos, o nivel adquirido desde pouco/baixo ata moito/alto.
Exemplo:
Podo marcar que o atractivo do reto foi "alto", que a dificultade das tarefas foi "intermedia" ou que o nivel de implicación e participación foi "baixo".
Fase de probas rematada! Últimos retoques...
Agrupamento: grupal
Esta é a fase final da vosa misión como bioenxeñeiros e bioenxeñeiras deportivas.
Tras o "nacemento" do voso deporte e a proba de lume que supuxo o torneo, toca perfeccionar o ADN da vosa creación para que sexa un organismo perfecto e funcional.
Lembra: un bo regulamento non é o que ten máis normas, senón o que permite que o xogo flúa sen interrupcións e que todo o mundo saiba en cada momento que ten que facer.
Aquí tes os pasos que ides seguir nesta última actividade antes de rematar o reto. Ánimo! A vosa misión está a piques de completarse!
Tarefa final, paso a paso
Paso 1. Auditoría en pequeno grupo
Primeiro, reúnete co teu equipo de traballo para facer unha revisión crítica. Despois de xogar o torneo, seguramente detectastes "erros de código": normas que non quedaron claras, situacións de xogo inxustas ou momentos nos que o ritmo decaia. Debedes anotar todos eses matices e posibles melloras que fagan que o voso regulamento sexa máis redondo e divertido.
Paso 2. Posta en común no laboratorio
Unha vez que teñades as vosas propostas, faremos unha gran posta en común con toda a clase. É o momento de expoñer as vosas ideas e escoitar as dos demais equipos. Como expertos que xa probaron o deporte "en vivo", deberedes debater que cambios son necesarios para que a experiencia de xogo sexa equilibrada para todos e todas.
Paso 3. Modificación do regulamento final
Coas conclusións do debate, procederedes á edición definitiva. Xa non estades probando; agora estades redactando a "Versión 2.0" e definitiva do voso deporte. Este documento debe recoller todos os cambios pactados, eliminando os fallos detectados e engadindo eses matices que o fan único e moito máis xogable que a primeira versión.
Paso 4. Entrega oficial
Finalmente, realizaredes a entrega final do proxecto. O resultado será un deporte creado, practicado e revisado por expertos/as (vós mesmos/as). Parabéns! Lograstes sintetizar unha nova especie deportiva lista para ser xogada en calquera lugar.
Lectura facilitada
Fase final
Xa xogastes o voso deporte.
Agora mellorade o seu ADN.
Un bo regulamento deixa que o xogo flúa.
Todos saben que facer.
Pasos finais:
Auditoría en pequeno grupo.
Posta en común no laboratorio.
Modificación do regulamento.
Entrega oficial.
Audio
Como foron as actividades grupais?
Analizamos as actividades grupais que se realizaron durante todo o recurso
Foinos excelente porque...
Fixémolo ben porque...
Custounos un pouco porque...
Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboración
Todos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)
Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1.5)
A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1)
Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5)
O clima de traballo
Foi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)
Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5)
Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban o traballo e que se resolveron con axuda. (1)
Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron o traballo. (0.5)
Na posta en común de ideas
Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)
Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5)
A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)
Só un membro do equipo achegou ideas, o resto das persoas non levou propostas ao debate. (0.5)
Para o seguimento do traballo
Fixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)
Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1.5)
Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)
Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5)
A autonomía
Foi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)
Foi adecuada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5)
Foi moderada xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1)
Foi escasa xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5)
Rúbrica para reflexionar e valorar a túa contribución ao reto grupal.
Valoro a miña participación no reto.
Foime xenial porque...
Fíxeno ben porque...
Custoume un pouco porque...
Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxecto
Entendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)
Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5)
Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)
Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5)
No traballo en equipo
Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)
Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (1.5)
Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)
Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5)
No traballo individual
Realicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)
Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)
Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)
Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Nas sesións motrices
Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)
Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5)
Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1)
A pesar de participar en algunhas actividades, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
Na superación do reto
Traballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. Presentei o videotitorial rematado e a tempo co meu grupo. (2)
Colaborei na consecución do reto. Presentei o videotitorial co meu grupo. (1.5)
A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)
Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)