Saltar navegación

4.1. O LAXEDE

 

Glosario


Regulamento

Caderno cun dedo cara arriba e outro cara abaixoDefinición:

É o documento que recolle a normativa de cada deporte. Nel, explícase todo o relativo a como xogar: as formas de puntuación, o número de xogadores/as que deben participar, o terreo de xogo... As persoas árbitras ou xuízas son as encargadas de facer cumprir o regulamento nos partidos de competición.

Exemplo:

O árbitro sinalou falta da xogadora de fútbol porque tocou o balón coa man e o regulamento non o permite.

O LAXEDE

Logo que pon

Recordas o centro de I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e innovación) do que falamos na fase 1 deste reto? Ben, pois chegou o momento de traballar nel! Presentámosche o noso centro de investigación, desenvolvemento e innovación de deportes colectivos: o LAXEDE (Laboratorio de Xenética Deportiva).

Chegados a este punto, de seguro que xa tes coñecementos avanzados sobre o ADN dos deportes colectivos. Agora toca experimentar e modificar o seu código xenético para elaborar un novo deporte. Para iso, deixámosche estas actividades para que poidas experimentar cos xenes dos deportes, individualmente e logo en compañía, e xuntar o que máis che gustou do practicado ata o de agora para lograr ese novo, inclusivo e divertidísimo deporte colectivo alternativo.

Agrupamento: individual - o teu deporte de equipo ideal

Todo gran descubrimento científico empeza cunha hipótese persoal. Nesta primeira etapa, queremos coñecer cal é a túa visión: como sería o teu deporte ideal?

Utiliza o noso simulador de edición xenética (o cadro de arrastre de abaixo) para experimentar cos diferentes xenes deportivos: tipos de móbiles, espazos, formas de interactuar... Crea a túa combinación perfecta e define as bases do que podería ser o deporte do futuro. É o momento de deixar voar a túa creatividade sen límites!

Dámosche a benvida ao LAXEDE: Laboratorio de Xenética Deportiva

Arrastra as tarxetas de ADN (arriba) as celas de cores (abaixo) para deseñar a estrutura do teu novo deporte innovador. Non hai límites para a túa creatividade!

Banco de Secuencias de ADN:

Balóns
Pelotas
Discos
Aros
Outros (Móbil)
Mans
Pés
Cabeza
Corpo
Implemento
Golpear o móbil
Reter o móbil
Botar o móbil
Outros (Acción)
Portería
Zona de anotación
Canastra
Diana
Móbil toca chan
Outros (Puntos)
2 equipos
+2 equipos
Equipos 3-4 integrantes
Equipos 5-8 integrantes
Equipos +8 integrantes
Chegar a X puntos
Máis/menos puntos tempo determinado
Eliminación xogadores/as rivais
Outros (Vitoria)
Espazo compartido
Espazo dividido

Casilleiros estruturais:

1. Móbil
2. Interacción
3. Puntuación
4. Equipos
5. Vitoria
6. Espazo

Lectura facilitada

Recordas o centro I+D+i. Agora imos traballar nel.

Xa coñeces o ADN dos deportes.

Agora podes crear un deporte novo.

Traballa só ou con compañeiros/as .

Fai un deporte divertido e inclusivo.

  • Xogo: arrastra as tarxetas de ADN (arriba) as celas de cores (abaixo).

XERAR INFORME (exemplo)





Debate grupal e regulamento definitivo

Agrupamento: en grupo - o voso deporte de equipo ideal

Ningunha vacina ou invento se logra en solitario. Unha vez que teñas a túa propia proposta de ADN deportivo, é o momento de entrar na sala de xuntas e poñela en común co teu equipo de investigación.

Nesta fase de hibridación, debedes comparar as vosas ideas: coincidiredes nalgunha mutación xenética? Haberá xenes incompatibles? O voso obxectivo será debater e seleccionar os mellores elementos de cada proposta individual para sintetizar un único proxecto grupal: o voso deporte definitivo.

Unha vez teñades claros os piares sobre os que se sustenta o voso deporte, deberedes redactar un documento que recolla o seu regulamento!

Que debe incluír o regulamento?

Agora que xa tes unha idea clara sobre cales son os piares nos que se basea o teu deporte, elabora o teu regulamento. Para facelo correctamente, revisa a seguinte táboa e asegúrate que cumpres cos criterios exixidos.

Avaliación do regulamento deportivo do novo deporte
  Sen facer Mellorable Moi ben!
Portada e índiceO documento non ten portada, índice, ou ningunha.O documento ten unha portada simple e/ou falta información. O índice ten algúns erros.O documento ten unha portada atractiva co nome do deporte e das persoas "creadoras". O índice está correcto e o documento está paxinado.
IntroduciónNon existe unha introdución.Existe unha breve introdución na que se resume en que consiste o deporte, pero falta información relevante..Existe unha breve introdución na que se resume de forma clara en que consiste o deporte.
Modo de xogoNon hai referencia do modo de xogo.Explícase de forma básica o tipo de móbil empregado e a forma de interacción con el (como se move o móbil: co pe, a man, implemento...).Explícase de forma detallada o móbil empregado máis outro material importante e o seu rol no xogo, así como as formas de interactuar con el (formas permitidas de controlar e movelo entre xogadores: man, pé, implemento e como usalo...).
EquiposNon se aclara o número de equipos ou/nin de xogadores/as por equipo.Faise referencia, de forma básica, ao número de equipos e de xogadores/as.Descríbese o número de equipos, o número de xogadores/as por equipo e outros aspectos importantes vencellados (se deben ser mixtos ou non, roles específicos como porteiro/a, cambios ou rotacións...).
Campo de xogoNon se recolle a descrición do campo de xogo.Descríbese o campo de xogo e as zonas importantes do campo (liñas, espazos...).O documento inclúe unha descrición detallada do campo de xogo máis unha representación gráfica del, con medidas incluídas.
Duración do partidoNon se explica cando e como remata o partido.Explícase de forma moi básica o sistema de finalización do partido: ao chegar a X puntos, por eliminación de xogadores, por tempo...Explícase en detalle o sistema de finalización do partido: ao chegar a X puntos, por eliminación de xogadores, por tempo...
Penalizacións básicasNon se recollen medidas de prevención de riscos.Menciónanse entre 1 e 4 situacións no xogo que poden ser penalizables, máis aló das xa matizadas en apartados anteriores.Menciónanse, polo menos, 5 situacións no xogo que poden ser penalizables, máis aló das xa matizadas en apartados anteriores.
Outras consideracións do regulamentoXXMenciónanse (se é preciso) outros aspectos importantes para o desenvolvemento do xogo. Por exemplo: como é a disposición antes do inicio do partido, que ocorre despois de que un equipo anote...
Aspectos formaisO documento está redactado con moitas faltas de ortografía e de redacción (máis de 20 leves ou 10 graves).O documento ten algúns erros ortográficos e de redacción (entre 6-20 leves ou 3-10 graves).O documento non ten erros ortográficos nin de redacción, ou moi poucos (menos de 6 leves ou 3 graves).

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Avaliación do regulamento deportivo do novo deporte (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)