Parabéns!
Xa coñeces a fondo diversos deportes alternativos e as súas semellanzas tácticas. Como puideches ver, todos comparten un mesmo "ADN": a necesidade de cooperar, ocupar espazos e acadar obxectivos comúns.
Seguro que algúns che gustaron máis que outros, pero agora que tes a "chave" para desbloquear calquera disciplina, chegou o momento de dar un paso máis.
É hora de facer un mix! O teu reto é deseñar, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, un deporte 'a medida' combinando o mellor de cada experiencia. Teredes que crear as vosas normas e preparar a nova modalidade para ensinala o mundo.
Es quen de crear o deporte máis divertido e inclusivo do mundo?
Lectura facilitada
Parabéns!
Xa coñeces varios deportes.
Todos teñen o mesmo ADN:
- Cooperar.
- Ocupar espazos.
- Conseguir obxectivos.
Agora é hora de facer un mix e crear un deporte novo.
Podes facelo máis divertido e inclusivo?
