Chegou a hora!
Agora que xa refrescaches a túa memoria, é o momento de entrar de cheo no laboratorio. Nesta fase, ti xunto cos teus compañeiros e compañeiras ides aprender os segredos que fan funcionar calquera deporte de equipo.
A través da práctica de diferentes modalidades alternativas, descubrirás como conservar o móbil, como progresar cara á meta e cal é o mellor momento para finalizar con éxito. Estás a piques de obter as pezas clave para completar o teu propio quebracabezas deportivo.
Prepárate para dominar o xogo!
Lectura facilitada
Chegou a hora!
Agora imos ao laboratorio.
Aprenderás co teu grupo os deportes de equipo.
Verás como:
- Conservar o móbil.
- Avanzar cara á meta.
- Finalizar con éxito.
Prepárate para xogar!

Falamos de atacar cando temos a posesión do móbil, que pode ser un balón, un disco voador ou unha pelota xigante, por exemplo.

Ataque: debes manter a posesión do móbil cando o tes. Así seredes os únicos membros que poderedes marcar e evitar que vos marquen.
Ataque: debes progresar cara o obxectivo para conseguir marcar e afastarte da túa zona de perigo.
Ataque: debes tentar puntuar, ben sexa cun gol, cun pase ou cunha canastra, por exemplo.