Saltar navegación

O medio natural

Ao mal tempo boa cara!

O medio natural é o conxunto de elementos biolóxicos, químicos e físicos que existen na Terra de forma natural, sen intervención humana. Os elementos que conforman o medio natural son:

- Compoñentes vivos: os animais, os microorganismos e a vexetación.

- Compoñentes non vivos: a auga, o chan, o aire, os recursos naturais (sol, minerais...) e o clima

O clima é un dos factores determinantes na distribución dos medios naturais, xa que inflúe na vexetación, no relevo e na fauna dunha zona. Xorden así os desertos, as selvas ecuatoriais ou as rexións polares, entre outras. O clima inflúe directamente nas temperaturas e na humidade, condicionando que organismos poden vivir en cada unha das áreas terrestres. Xuntos, medio natural e climas, crean ecosistemas únicos.

Na Terra distinguimos tres zonas climáticas: a cálida (ou tropical), as tépedas (norte e sur) e as frías (ou polares, norte e sur).

Zonas climáticas da terra e principais liñas imaxinarias

Os cambios no medio natural, como a deforestación, poden alterar o clima, e os cambios climáticos obrigan aos seres vivos a adaptarse, a migrar ou a desaparecer. 

Para os estudos climatolóxicos e os prognósticos meteorolóxicos utilízanse estacións meteorolóxicas, instalacións destinadas a medir e rexistrar diversas variables meteorolóxicas. Para iso, a estación componse dun conxunto de instrumentos que se encargan de recompilar datos das distintas variables atmosféricas: termómetro (temperatura), pluviómetro (chuvia), anemómetro (forza do vento), cataventos (dirección do vento), piranómetro (radiación solar), barómetro (presión atmosférica), higrómetro (humidade do aire) etc.

Estación meteorolóxica automatizada do IES Escolas Proval
Estación meteorolóxica automatizada polo profesorado do IES Escolas Proval
 Anemómetro dunha estación  meteorolóxica de Filadelfia
Anemómetro de la estación meteorología de la Municipalidad Filadelfia.

O rexistro pode ser de forma manual ou automatizada, como no caso do IES Escolas Proval (Nigrán), emitindo datos en tempo real.

Lectura facilitada

O medio natural é todo o que existe na Terra sen que as persoas o creen.
Forma parte da natureza.

No medio natural hai dous tipos de elementos:

  • Elementos vivos
    • Animais
    • Plantas
    • Microorganismos
  • Elementos non vivos
    • Auga
    • Chan
    • Aire
    • Sol e minerais
    • Clima

O clima é moi importante.
Inflúe en como é un lugar.

O clima afecta:

  • ás plantas
  • aos animais
  • ao relevo
  • á humidade e á temperatura

Segundo o clima, aparecen distintos lugares naturais.
Por exemplo:

  • desertos
  • selvas
  • zonas polares

O medio natural e o clima xuntos crean os ecosistemas.
Na Terra hai tres grandes zonas climáticas:

  • Zona cálida ou tropical
  • Zonas temperadas (norte e sur)
  • Zonas frías ou polares (norte e sur)

Cando o medio natural cambia, tamén cambia o clima.
Por exemplo, cando se cortan moitas árbores.

Os cambios climáticos fan que os seres vivos teñan que:

  • adaptarse
  • desprazarse
  • ou desaparecer

Para estudar o clima úsanse estacións meteorolóxicas con aparellos que miden o tempo.

Algúns instrumentos son:

  • Termómetro: mide a temperatura
  • Pluviómetro: mide a chuvia
  • Anemómetro: mide a forza do vento
  • Cataventos: indican a dirección do vento
  • Barómetro: mide a presión do aire
  • Higrómetro: mide a humidade

Fuga de palabras climatolóxicas e meteorolóxicas

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Os alimentos que consumimos, as paisaxes que ollamos, as construcións que levantamos, o noso aspecto externo, a nosa propia cultura e os nosos costumes dependen en boa medida do . O clima constitúe un dos condicionantes das sociedades humanas e das súas formas de asentamento.

Na Terra distínguense zonas climáticas, que se distribúen segundo a súa e en función das súas : unha zona (que ocupa a franxa entre o e os , de 0º a 20º de latitude norte e sur), outra (localizada entre os trópicos e os círculos polares) e outra .

Os factores que determinan a temperatura dun lugar son: a latitude: ou distancia ao ; a que se mide respecto do nivel do mar; a distancia respecto do : o mar suaviza as temperaturas, porque tarda en arrefriar e en quecer; a que é a cantidade de vapor de auga que hai no aire, e que procede das augas da Terra e dalgúns seres vivos. 

Para o estudo dos climas os/as   sérvense de diversos aparatos, que adoitan estar gardados nunha estación meteorolóxica:

  • O : para medir as temperaturas en graos
  • O : para mediar as precipitacións en mm.
  • O : para medir a presión atmosférica, medida en ou hectopascais.
  • O : para medir a velocidade do vento en km por hora.
  • O : para medir a humidade atmosférica en tantos por cento.
  • O viraventos - : marca a do vento.
  • O : determina a radiación solar incidente na terra en quilowatts por metro cadrado.
  • O : dinos as horas de sol e horas de nubes ao longo do día.

(Montse R. Paz: "A terra, os continentes, os océanos, o medio natural", p. 18, Ámbito Social, Módulo 1, UD1. Educación a Distancia Sempresencial. Xunta de Galicia, 2009)

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)