Un plan para a vosa meta!
Paso 1.- Formar os pequenos grupos de traballo. Mellor grupos mixtos e non moi grandes (3 ou 4 alumnas e alumnos).
Paso 2.- Debedes cuestionarvos cales son os principais problemas medioambientais do voso concello e da vosa comarca.
Paso 3.- Seleccionar o tema. Debedes preguntarvos que queredes investigar, tendo en conta a relevancia que ten na vosa contorna.
Paso 4.- Investigade na prensa local, revistas ou publicacións científicas sobre o tema escollido.
Paso 5.- Formulade o voso plan de traballo esquemático e pormenorizado.
Paso 6.- Desenvolvede o voso traballo de campo analizando as distintas fontes (especialmente na prensa escrita diaria galega, que podedes tamén consultar en rede)
Paso 7.- Redactade o voso traballo de investigación, nos formatos propostos: cartel e bando municipal (por exemplo).
Paso 8.- Presentación do voso traballo no centro, nas parroquias ou no rexistro do voso concello.
Paso 9.- Elaboración das vosas conclusións (en pequeno e gran grupo).



