Saltar navegación

2. A memoria da aldea... e a túa

Os 5 Pes (P) para salvar o planeta

Icona para representar o verbo pensar en ARASAAC

Para salvares Aldea Vella non abonda con coñecer a súa memoria; tamén ti tes que refrescar algúns coñecementos básicos para poder avanzar no reto. Nesta fase volverás repasar ideas importantes, traballadas nos cursos pasados, sobre as formas do relevo da terra, as características e a distribución da poboación, a orixe e a evolución das cidades, as desigualdades sociais, a importancia da cooperación e que é iso da Axenda 2030.

A protección da nosa aldea será posible se coidamos os "5 P(iares)" da Axenda 2030: Alianzas (asociacións), Paz, Persoas, Planeta e Prosperidade.

As fontes xeográficas, a cartografía, os gráficos e as medicións serán as nosas aliadas nesta viaxe ao pasado.

Todo isto axudarache a comprender mellor que está a pasar na aldea e que pode estar en risco.

Sen présa, sen pausa... mais sempre avanzando e implicándonos! Imos aló!

Lectura facilitada

Para salvar Aldea Vella debedes lembrar o traballado nos cursos pasados.

Revisaredes as formas do relevo,
as características e a distribución da poboación
e a orixe das cidades.

A protección da nosa aldea será posible
eliminando as desigualdades sociais.

Para salvar o planeta coidaremos os "5 (cinco) P(iares)" da Axenda 2030:

  • Alianzas (asociacións)
  • Paz
  • Persoas
  • Planeta e
  • Prosperidade.

As vosas aliadas de traballo serán

  • as fontes xeográficas
  • a cartografía
  • os gráficos e
  • as medicións.

Alá imos!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)