Actividades multinivel
Agora toca o momento de poñerte mans á obra. Escolle unha das seguintes actividades que se che propoñen para coñecer cal é o teu punto de partida.
Agora toca o momento de poñerte mans á obra. Escolle unha das seguintes actividades que se che propoñen para coñecer cal é o teu punto de partida.
De maneira individual, escribe no teu caderno ou no ordenador, tres situacións nas que experimentaras algunha das emocións básicas descritas. Ademais, engade a resposta motriz e fisiolóxica que tiveches.
Fíxate no seguinte exemplo:
Situación: nunha atracción de grande altura na que parece que se remata o raíl por onde vai o tren.
» Como te sentes?.odt (formato editable).
» Como te sentes?.pdf (nova xanela).
Escribe 3 situacións.
Nesas situacións sentes algunha emoción básica.
Escribe de forma individual.
Podes escribir no teu caderno ou no ordenador.
En cada caso escribe:
A resposta motriz é o que fai o teu corpo.
A resposta fisiolóxica é que pasa dentro do teu corpo.
A resposta subxectiva é o que sentes.
Mira este exemplo.
Estou nunha atracción moi alta.
Parece que o raíl do tren remata.
Agárrome ao tren con máis forza.
Abro moito os ollos.
Súo.
Sinto medo.
Responde usando os arquivos adxuntos.
Cada pardal co seu igual.
Agora que xa coñeces as emocións básicas, trata de escribir un pequeno texto no que aparezan reflectidas. Podes axudarte dunha viaxe na que experimentaras diferentes sensacións ou mesmo podes inventar unha historia que lle acontece a un personaxe.
Imaxinación ao poder!
En moitas ocasións, empréganse algunhas palabras como sinónimas, pero realmente credes que son o mesmo?
Individualmente, pensa cales poden ser as diferenzas entre estes termos. Posteriormente poñeremos en común as similitudes ou diferenzas que poida haber entre elas.
Creada por Robert Plutchik (psicólogo americano, 1927 – 2006), a roda parte de oito emocións básicas: alegría, medo, tristura, ira, sorpresa, confianza, aversión e anticipación.
Estas emocións organízanse de maneira oposta. Ao mesmo tempo cada unha delas amosa un grado de intensidade. Tamén podemos observar como dúas emocións básicas dan lugar a outra máis complexa.
Por exemplo: sorpresa + medo= susto.
A roda das emocións é de Robert Plutchik.
Esta roda ten 8 emocións básicas:
Estas emocións organízanse de forma oposta.
Cada emoción ten un nivel de intensidade.
Dúas emocións básicas poden unirse.
Cando se unen, crean unha emoción máis complexa.
Por exemplo:
Sorpresa e medo dan lugar a susto.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0