Saltar navegación

4. Arte que emociona

Crea!

Chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido nas fases anteriores para levar a cabo o reto final, tanto na parte individual como grupal.

Comeza o proceso de creación da obra de arte e de reflexión. Avancemos! 

Descubre o cadro...

Imaxe dunha nena no mar

Que observas no cadro? Que sensación transmite?

Esta obra impresionista de Joaquín Sorolla pode transportar a quen observa o verán. Se pechas os ollos, pode que sintas a brisa do mar, ou mesmo ese olor a salitre percorrendo a túa pel. 

A arte é unha canle de emocións, non soamente para quen pinta, tamén para o público que admira a obra. Non sempre percibimos o mesmo, e aí radica a maxia.

Lectura facilitada

Imaxe dunha nena no mar

Que ves no cadro?

Que sensación che transmite?

Esta obra é impresionista.

O autor é Joaquín Sorolla.

A obra lembra o verán.

Cando miras o cadro pensas no mar.

Algunhas persoas imaxinan a brisa mariña.

Outras persoas pensan no cheiro do mar.

A arte expresa emocións da persoa que pinta.

A arte tamén chega á persoa que observa.

Cada persoa sente cousas diferentes.

Nesa diferenza está a maxia da arte.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)