Glosario
Integrante
-
Definición:
-
Membro que forma parte dun conxunto.
-
Exemplo:
-
Os integrantes da asociación expuxeron as súas queixas.
Definición:
Membro que forma parte dun conxunto.
Exemplo:
Os integrantes da asociación expuxeron as súas queixas.
Chegou o momento de que realices de xeito individual a túa propia obra de arte tendo en conta o traballado ata o de agora e seguindo estas indicacións.
Temática: representación da emoción (ledicia, tristura, enfado, medo ou amor) elixida polo teu grupo.
Técnica a empregar: colaxe.
Materiais: recortes, debuxos, pintura, papel...
Formato: cartolina A3.
Engádelle un título á túa obra.
Os cadros cando se expoñen nun museo inclúen unha ficha técnica cos seguintes datos:
Tamén é habitual que se acompañe de información máis extensa sobre o autor ou autora a través dunha etiqueta, panel explicativo ou código QR.
Cubre de xeito individual a seguinte ficha técnica sobre a túa obra de arte, engadindo a descrición que fixeches sobre ti mesmo/a no apartado 3.1 como persoa creadora da obra.
» Ficha técnica obra de arte.odt (editable).
» Ficha técnica obra de arte.pdf (nova xanela).
Despois, engade a información á túa obra a través dun código QR.
O código QR é unha ferramenta empregada para almacenar datos de forma dixital a través dunha ligazón.
Como crealo? A través do programa QtQr da maqueta Abalar.
Para abrilo, tes que ir a: Menú aplicativos > gráficos > QTQR.
No seguinte vídeo explícase paso a paso como crear un QR con este programa.
Cando teñas a túa obra lista, xúntate co teu grupo e observa as demais obras dos membros do teu equipo.
Reflexionade sobre estas preguntas e escribide as respostas no caderno:
Para rematar podedes organizar un minidebate dentro do grupo para dar resposta a esta pregunta: a mesma emoción reflicte as mesmas vivencias?
Deixámosche esta lista de control para que a teñas en conta á hora de realizar esta actividade.
» Lista de control intervención oral alumnado.odt (editable).
» Lista de control intervención oral alumnado.pdf (nova xanela).
Unha vez creada e analizada a composición grupal é o momento de colocalas na sala do museo (aula ou corredor habilitado polo profesorado para tal fin).
1. Enmarcade as obras seguindo a cor correspondente á emoción.
|
Ledicia |
Tristura |
Enfado |
Medo |
Amor |
2. Creade unha definición da emoción traballada para presentar a vosa proposta artística.
3. Buscade nos museos ou pensade nun cadro coñecido que pensedes que tamén plasma a emoción traballada.
4. Creade unha presentación da vosa composición tendo en conta as ideas obtidas do debate da actividade anterior.
A información dos puntos 2, 3 e 4 formará parte dunha ficha técnica da composición grupal cunha ligazón a un código QR que irá impreso ao lado do cadro para que as persoas visitantes do museo poidan acceder a dita información. Podedes empregar o seguinte modelo.
» Ficha técnica composición grupal.odt (editable).
» Ficha técnica composición grupal.pdf (nova xanela).
É importante que recollades todos os aspectos solicitados. Podedes comprobalo seguindo esta lista de control que tamén vos servirá para valorar posteriormente o traballo dos outros grupos.
» Avaliación do reto.odt (editable).
» Avaliación do reto. PDF (nova xanela).
Agora xa tedes creada a composición grupal.
É o momento de colocar as composicións grupais no museo.
O museo pode ser unha aula ou corredor habilitado polo profesorado.
Sigue estes pasos:
1. Enmarcade a obra coa cor da emoción.
As emocións son:
2. Creade unha definición da emoción traballada.
Esta definición serve para presentar a vosa obra.
3. Buscade un cadro dun museo.
Tamén podes pensar nun cadro coñecido.
O cadro debe representar a mesma emoción.
4. Preparade unha presentación da vosa composición.
Usade as ideas do debate anterior.
A información dos puntos 2, 3 e 4 vai nunha ficha técnica.
A ficha técnica é da composición grupal.
A ficha técnica leva unha ligazón a un código QR.
O código QR vai impreso ao lado do cadro.
Así as persoas visitantes poden acceder á información.
Podedes usar o modelo indicado polo profesorado.
É importante incluír toda a información pedida.
Podedes comprobar o traballo cunha lista de control.
Esta lista tamén serve para avaliar o traballo doutros grupos.
Chega o momento de expoñer a obra de arte, pero antes é importante preparala.
Os seguintes puntos poden axudarvos a organizala mellor:
Unha vez rematada a preparación, é a hora de abrir a primeira sala do voso museo!
Que che parecería organizar unha visita guiada para o resto de aulas do centro?
Chega o momento de presentar a obra de arte.
Antes debes preparala ben.
Estes pasos poden axudarche.
1. Decide a orde dos contidos da exposición.
2. Reparte a información entre as persoas do grupo.
A repartición debe ser equilibrada.
3. Prepara de forma individual a parte da exposición que che toca.
Memoriza as ideas máis importantes.
Repasa as normas das exposicións orais.
4. Despois fala en grupo do traballo feito.
Así podes corrixir erros.
Así tamén podes mellorar a exposición.
A sala do museo abrirá cando rematedes a presentación.
Podes organizar unha visita guiada para outras aulas do centro.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0