Glosario
Represalia
-
Definición:
-
Resposta vingativa tomada contra alguén por algunha ofensa.
-
Exemplo:
-
Non opinou sobre o acontecido por medo ás represalias.
Definición:
Resposta vingativa tomada contra alguén por algunha ofensa.
Exemplo:
Non opinou sobre o acontecido por medo ás represalias.
A liberdade de expresión é un dos dereitos ameazados na actualidade en varios países, moitas persoas e colectivos vense privadas e privados de expresar e manifestar a súa opinión sobre diferentes temas. Isto implica un dilema moral: alzar a voz para denunciar a súa realidade ou manter silencio para evitar represalias.
Nesta actividade vaste poñer na pel destas persoas. Escoitarás a unha persoa experta falar sobre diferentes fotografías que aparecerán proxectadas na pantalla ou impresas. A única premisa é que non podes falar nin reaccionar de ningún xeito mentres escoitas, por moitas ganas que teñas de expresarte ou de amosar o teu agrado ou desagrado ou calquera outra emoción. Debes permanecer inmóbil ata que remate a exposición.
A liberdade de expresión é un dereito.
Este dereito está en perigo en varios países hoxe en día.
Moitas persoas non poden expresar a súa opinión.
Esta situación crea un dilema moral.
Falar e denunciar a súa realidade ou manter silencio para evitar castigos.
Nesta actividade tes que poñerte no lugar destas persoas.
Vas escoitar a unha persoa experta.
Esta persoa falará sobre varias fotografías.
Estas fotografías proxectaranse na pantalla.
Tamén estarán impresas.
Hai unha norma principal.
Non podes falar.
Non podes reaccionar de ningún xeito.
Pode que teñas ganas de expresarte.
Pode que queiras amosar o teu agrado ou desagrado.
Pode que sintas outras emocións.
Pero debes permanecer inmóbil ata que remate a exposición.
Ao finalizar a actividade comenta co resto da clase a resposta a estas preguntas:
Cando remates a actividade comenta co resto da clase.
Fala sobre estas preguntas:
Aínda que, grazas ao dereito da liberdade de expresión, se protexe a capacidade de ter opinións propias e poder expresalas, este dereito tamén ten as súas restricións. A nosa liberdade de expresarnos remata onde comezan os dereitos das demais persoas.
Por exemplo, se cando nos expresamos o facemos con violencia, atacando ou discriminando, a nosa liberdade debería de ser restrinxida, pero como marcar os límites entre ambos os dereitos? Propoñémosvos realizar un debate sobre esta cuestión.
Liberdade de expresión: sempre ou con restricións?
Formade dous grupos seguindo as indicacións do profesorado.
Antes de comezar, recorda as normas de realización dun debate no seguinte apartado. Despois reúnete co teu equipo e recollede as ideas clave dos posibles argumentos que defendan a vosa postura.
A liberdade de expresión é un dereito.
Este dereito permite ter opinións propias e poder expresalas.
Este dereito tamén ten límites.
A túa liberdade remata onde comeza a das demais persoas.
Ás veces, as persoas exprésanse con violencia, atacando ou discriminando.
Nestes casos, a liberdade de expresión ten límites.
Como marcar os límites entre os dereitos?
Imos facer un debate sobre este tema.
Formade dous grupos.
Seguide as indicacións do profesorado.
As normas do debate aparecen no seguinte apartado.
Lembra as normas antes de comezar.
Despois reúnete co teu equipo.
Recollede as ideas clave.
Preparade argumentos da vosa postura.
Os debates serven para intercambiar ideas de forma respectuosa e escoitar outras posturas ou razoamentos sobre un mesmo tema. Non se trata de ganar ou perder nin de competir, senón que o obxectivo é intentar chegar a un punto en común a través do desenvolvemento do pensamento crítico, as habilidades comunicativas, o traballo en equipo e mellora da propia autoestima.
Para que as intervencións sexan ordenadas e todas as persoas participantes poidan ser escoitadas é importante respectar as normas. Recórdaas lendo a imaxe. Se precisas vela máis grande, fai clic sobre ela.
» Normas para o debate.pdf (nova xanela).
Os debates serven para intercambiar ideas.
As persoas deben falar con respecto e escoitar outras opinións.
Un debate non é para ganar.
Un debate non é para perder.
Un debate non é para competir.
O obxectivo dun debate é chegar a acordos e pensar de forma crítica.
O obxectivo dun debate é mellorar a comunicación, o traballo en equipo e a propia autoestima.
Para que o debate sexa ordenado hai normas.
As normas están na imaxe.
Se precisas ver a imaxe máis grande fai clic encima.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0