Glosario
Mofa
-
Definición:
-
Burla realizada con desprezo cara a outra persoa.
-
Exemplo:
-
Facía mofa dos rapaces que non sabían bailar.
Definición:
Burla realizada con desprezo cara a outra persoa.
Exemplo:
Facía mofa dos rapaces que non sabían bailar.
As diferenzas persoais, ás veces, condicionan o pretexto das mofas por parte doutras persoas. O mesmo que acontecía no vídeo dos paxaros do apartado anterior. Pero debemos ser conscientes e consecuentes en relación a isto: o acoso non ten nunca xustificación.
Que entendemos por acoso escolar?
O acoso escolar fai referencia a un comportamento de abuso que unha persoa ou grupo de persoas exerce sobre outra no ámbito académico. Polo xeral, identifícase a través de tres características: repetición, intención e poder.
Existen distintas formas de acoso:
Maniféstase a través de descualificacións como insultos, alcumes pexorativos...
Inclúe calquera forma de violencia corporal: golpes, patadas, empurróns...
Acoso social que procura destruír a valía dunha persoa a través de ameazas e manipulación emocional.
Acoso que acontece a través de plataformas dixitais (correos electrónicos, redes sociais ou mensaxes de texto).
Para que non exista acoso en ningunha das súas manifestacións posibles, é importante ter presente a dignidade de cada persoa.
Pero que significa este termo?
As diferenzas persoais poden provocar mofas doutras persoas.
Isto pasaba no vídeo dos paxaros do apartado anterior.
Pero hai que ter claro que o acoso nunca está xustificado.
O acoso escolar é un comportamento de abuso.
O acoso escolar en 3 características:
Existen distintos tipos de acoso:
Para que non exista acoso hai que respectar a dignidade de cada persoa.
Que dirías que significa o termo de dignidade.
Resolve o seguinte dilema moral sobre o acoso escolar.
"Colles o teléfono dun compañeiro ou dunha compañeira de clase sen permiso e les accidentalmente unha conversación. Nela aparecen ameazas a unha compañeira con fotos e mensaxes comprometidas. Como actúas?
Asumes a túa violación do dereito á intimidade da persoa á que lle colles o teléfono e contas o que viches, ou mantés o silencio e a confidencialidade evitando posibles represalias?"
Podes resolvelo no teu caderno utilizando o modelo que aparece a continuación ou facelo no teu ordenador. Consulta co profesor ou profesora o mellor xeito de facelo.
» Modelo resolución dilema moral.odt (editable).
» Modelo resolución dilema moral.pdf (nova xanela).
Resolve o seguinte dilema moral sobre o acoso escolar.
Colles o teléfono dun compañeiro ou compañeira de clase sen permiso.
Les unha conversación sen querer.
Na conversa hai ameazas a outra persoa.
Tamén hai fotos e mensaxes comprometidas.
Tes dúas opcións:
Esta opción rompe a intimidade da persoa.
Pero protexes a vítima do acoso.
Esta opción respecta a intimidade da persoa.
Pero pode prexudicar á vítima e permitir o acoso.
Agora pensa ben que farías.
Escribe a túa resposta no caderno.
Escribe tamén por que escollerías esa opción.
A dignidade é o valor que recoñece que cada persoa, polo mero feito de ser humana, merece respecto independentemente da súa condición ou características propias. Este valor innato ao ser humano é a base dos dereitos humanos. O que implica que debemos de aceptar e recoñecer as diferenzas tratando ás demais persoas con respecto, comprensión e aceptación. A dignidade dunha persoa pode verse afectada a causa da violencia, o bullying ou acoso escolar, a discriminación, a pobreza, as guerras, o abuso sexual etc.

Como ves, é un concepto complexo, comproba se o entendiches dialogando na aula sobre as seguintes preguntas:
Ten en conta as achegas e as ideas das demais persoas para enriquecer as túas respostas.
A dignidade é un valor que recoñece a cada persoa.
Todas as persoas merecen respecto por ser humanas.
O respecto non depende das características de cada persoa.
A dignidade é a base dos dereitos humanos.
Respectar a dignidade significa aceptar e respectar as diferenzas.
Tamén debemos tratar ás demais persoas con comprensión e aceptación.
A dignidade dunha persoa pode verse afectada por:
Agora pensa sobre este tema na aula. Faino falando con outras persoas. Pensa nestas preguntas:
Escoita as ideas das outras persoas.
Pensa en que aportan esas ideas ás túas propias.
Toca ir perfilando a túa aprendizaxe, elixe unha das seguintes actividades e trata de crear a túa propia definición de dignidade.
Atopa as palabras ocultas relacionadas co concepto de dignidade. Unha vez atopadas, redacta no teu caderno unha definición do concepto de dignidade empregando, polo menos, 3 destas palabras.
Todas estas palabras están relacionadas coa dignidade persoal e importancia do respecto aos valores humanos.
Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan. Cando remates, redacta no teu caderno unha definición do concepto dignidade empregando, polo menos, 3 destas palabras.
Analiza e escribe no teu caderno como pensas que se vulnera a dignidade neste vídeo. Despois describe que é para ti a dignidade.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0