Autoavaliación
Para autoavaliarte, é necesario que reflexiones sobre o traballado neste tempo. Que é aquilo no que presentas máis dificultades? E no que menos? Que foi o que máis che gustou?
Revisa o seguinte esquema e cubre a lista de control para dar conta do aprendido.
» Autoavaliación.odt (editable).
» Autoavaliación.pdf (nova xanela).
Audio
Visualiza o percorrido
Fase 1
Identificando emocións
- Introdución das emocións como parte esencial na natureza do ser humano.
- Museo como espazo de exposición do reto.
- Presentación do reto: creación dunha obra a través da técnica de colaxe.
- Organización de grupos respectando as cinco emocións básicas.
Fase 2
Activando emocións
- Detección de coñecementos previos.
- Relación das emocións co cerebro.
- O autoconcepto e a autoestima.
- Definición de dilema moral.
Fase 3
Construíndo pensamentos
- Concepto de identidade como proceso dinámico influenciado pola xenética e o ambiente de desenvolvemento.
- Riscos das redes sociais sobre a autenticidade persoal.
- As diferenzas persoais como esencia da personalidade.
- Definición de empatía e dignidade.
- O acoso escolar identificado a través de tres características: repetición, intención e poder.
- Reforzo das normas do debate: conciencia da liberdade de expresión.
Fase 4
Arte que emociona
- Creación da obra de xeito individual.
- Composición grupal e reflexión do conxunto.
- Exposición da obra de arte.
Fase 5
O noso museo
- Visitamos a primeira sala do noso museo?
- Avaliación do proceso.